martes, 6 de septiembre de 2011

ALONGAR

Poño todo o meu empeño en comprender e non é doado.¿Por que minguar o camiño antes de tempo?¿E un covarde ou todo un valente aquel que decide rematar coa súa viaxe?¿Tan afundido te podes atopar como para non ter forzas para seguir vivindo?
Todos os problemas,as tristezas,os vicios e as cousas non tan boas que nos poden acompañar,sempre teñen a súa solución.
A morte non o é.E o único que non ten saída.E a fin do percorrido e non te volta atrás.
Troca todo si fai falla,renderse non é o camiño máis axeitado.
Nunca te sintas rematado,debes rexurdir cal ave Fénix!!!!
Pasamos a vida agardando que aconteza algo extraordinario.Algo que nos faga vivir mellor,ser máis grandes,posuír o que sempre cobizamos,esperando chegar a sentir esa felicidade da que algúns privilexiados nos falaron.
E mentras esperamos non nos decatamos que o único que se nos pasa é a VIDA.
Non somos capaces de apreciar os bos intres,a grata compaña dun amigo,a sorte de ter unha familia que sempre te arroupa,o privilexio dese compañeiro que incondicionalmente mantén quente o teu recuncho na cama,esa xente que necesita do teu sorriso para completar a súa ledicia...é que o temos todo e continuamos cegos.
Xamais degustamos o sabor dos intres e cando desexamos catalos xa trocaron en lembranzas.

Así que amarra este consello:
Fai o que che pete,o que desexes facer,o que sintas que é necesario antes de que se converta no que che gustaría haber feito.
Un arrepentimento por un erro sempre é máis gratificante ca preguntarse toda a vida que houbera pasado.
Non consintas que a túa vida sexa un bosquexo xa que posiblemente non terás tempo de pasalo a limpo.
Abre grandes os ollos,que choren co folgo do sol.
Ispe a túa pel,que se encrespe cos aloumiños do vento.
Destápate,que a choiva te molle ata calar os teus ósos.
Bica coa túa alma,que o sabor do querer te deixe sen alento.
Corre coma un demo,que o teu corazón se revolucione e embriague de endorfinas.
Inhala profundo,que se enchan os teus pulmóns dese arrecendo da terra mollada,da salitre do mar,da vida que transporta o vento.
Goza de cada pequena cousa que se che poña diante,nunca esquezas que son dous días.
E como sempre me recorda meu avó... "Meniña,que cedo se me fixo tarde"
  
Alvaro,que che vaia mellor donde queira que estés.

1 comentario:

  1. moi triste e desesperado tiña que estar, non se dou conta de que a vida non espera, nin ven de lonxe.. a vida xa está aquí, un mesmo é a vida... e hai que vivila!
    síntoo.
    bicos

    por certo, teu abuelo é un sabio! quédome co seu saber...

    ResponderEliminar