viernes, 29 de julio de 2011

Tropezáronse cando tan só eran uns cativos.
Caira alí por casualidade, vira de vacacións cuns amigos que tiñan en común.
Estiberon percorrendo uns días esta terra tan contraria a súa, coas rapaciñas que lles fixeron de boa gana de guías.
Polo día facían kilómetros buscando os recunchos máxicos do verde litoral... polas noites compartían troulas, xogos, contos e mil sorrisos.
Chegou o día de liscar e mentres lles botaban unha foto para non esquencer, sen que se decataran meteulle un papeliño na man.
Entre tristes sorrisos e apertas consoladoras comezaron o camiño de volta a casa.
Os olliños dela quedaron enchoupados porque sentía que non o voltaría a mirar.
El pasou toda a viaxe mirando aquela folla, tiña a súas señas, e arrepentiuse por cada segundo que non fora máis valente. Tívera medo o rexeitamento, ela pasaba os días dándolle cabazas sen unha triste mostra de que desexaba que a rondara.
Pasaron moitos anos escribíndose mil verbas, cartas longas enchidas de cariño, penas, ledicias, preocupacións, amores, desenganos, erros... compartían todos os seus pensamentos, crecendo xuntos, os segredos non existían entre eles.
Cando se decataron xa pasaron doce anos e chegou o tempo das novas comunicacións. Os seus folios trocaron por emails, e así pasaron uns anos máis, agás nos cumpre anos que non rompían coa tradición de agasallarse cun manuscrito.
Cada un polo seu lado tratara de buscar a súa ledicia pero sempre inutilmente, ninguén era tan alentador como eles mesmos.
Estar pensando a miúdo o un no outro tampouco é que fora de gran axuda.
Un día sentiron a necesidade de volver a atoparse e despois de moito tolear e dubidar, quedaron a medio camiño.
Non estaban certos de que fora a mellor, mais tiñan que intentalo.
Fixeron as maletas como lóstregos para atoparse canto antes.
A medida que ía descendendo entre as nubes, aquel corazón latexaba máis apurado.
Él esperaba na zona de chegadas, desesperado porque viña con media hora de retardo. Ela rumiaba na mente que despois de tantos anos aquel ansiado momento estábase facendo de rogar.
Cruzou a porta e tapáronse as súas miradas, correron un cara o outro, mesmamente coma unha peli das máis románticas e os corpos fusionáronse nunha alentadora aperta.
Despois de tan larga separación volta ron a compartir durante unha semana mil preguntas, mil recordos e por suposto mil plans de futuro que nunca chegarían a bo porto. Pertencer a diferentes lugares do mundo nunca e unha boa opción para as persoas que morren pola súa terra.
Pero tanto lles tivo, a espiña xa quedaba arrincada, xa non había arrepentimento de... e si houbera feito aquilo... ou como sería si... NON! alí non existía paisón, nin amor, nin tan sequera un mínimo desexo. Sempre compartirán algo moito máis grande , algo o que moi adecuadamente se lle soe chamar tesouro. O diamante máis brutal e valioso... o dunha infinita amizade.
Despois daquelas inolvidables días de filosofadas que durante 24 horas, os seus resquemores esvaeceron, ficaron en paz e sosegados.
Agora nuns meses ela voltará onde él, voará de novo para miralo, para ollar outra vez enchida de bágoas como troca aneles coa súa futura esposa, desexándolle a ledicia máis grande do mundo.