viernes, 22 de abril de 2011

Namor,príncipe de Atlantis.


NAMOR
Nun mundo cheo de corazóns errantes o longo da vida imos topando cunha curiosa variedade de persoas.
Uns pasan por nos sen pena nin gloria,outros sin embargo deixan debuxada a nosa pel e sen poder evitalo rouban un anabo da nosa alma.
No etéreo mundo de Morfeo eu atópome moitas noites con el.E cada unha delas déixame máis marcada,como un ferro candente.
¿como podería transmitircho con palabras?
Tarefa complexa pero non imposible.

Moreno e ben parecido,a súa pel foi agasallada pola cor do sol.
Seu sorriso ilumina os meus ollos sen case deixarme parpadexar.
De corpo xeitoso,totalmente armado.
De espírito rebelde e loitador,corazón sensible e soñador.
Dos cabaleiros que quitan o sombreiro e te abren a porta o saír e para disimulada mente ollarte o cu.
Dos que ceden a chambra para que deixes de tremer.
Dos que xamais presumen cando dormen quentes.
Dos que cada noite desexarían arrouparte e cun doce bico esperar pacientemente a que peches os olliños.
Dos que trocarían por ti cando traes a vida ó mundo para que as túas entrañas non sentiran esa dor.
Ese home que te amaría incondicionalmente polo resto dos teus días.
O mellor consolo nas túas noites de soidade.
Ese rapaz que quixera substituír o sol para quentarte cada día e sería lúa para bañarte cada noite de fermosos soños.
Seica pensas que este superheroe non existe,que non pode haber no mundo unha persoa tan perfecta...máis créeme cando che falo del.
VALE!!! Non de carne e oso,non vive preto,non o quenta o mesmo sol,nin nos envolve a mesma noite,nin comparte o mesmo aire,non o atoparás na rúa...está no profundo do mar,no máis agochado dos teus soños.
E si,podería existir porque querer e poder.
No meu mundo onírico gozo cando respira preto da miña gorxa,cando cruzamos miradas complices e me agasalla co seu sorriso engaiolador.
Non sucede moitas veces,non tantas como eu quixera e seica nunca serei a dona do seu corazón máis síntome leda porque sei que houbo algún intre no que lle roubei algo máis ca un bico.