martes, 6 de septiembre de 2011

ALONGAR

Poño todo o meu empeño en comprender e non é doado.¿Por que minguar o camiño antes de tempo?¿E un covarde ou todo un valente aquel que decide rematar coa súa viaxe?¿Tan afundido te podes atopar como para non ter forzas para seguir vivindo?
Todos os problemas,as tristezas,os vicios e as cousas non tan boas que nos poden acompañar,sempre teñen a súa solución.
A morte non o é.E o único que non ten saída.E a fin do percorrido e non te volta atrás.
Troca todo si fai falla,renderse non é o camiño máis axeitado.
Nunca te sintas rematado,debes rexurdir cal ave Fénix!!!!
Pasamos a vida agardando que aconteza algo extraordinario.Algo que nos faga vivir mellor,ser máis grandes,posuír o que sempre cobizamos,esperando chegar a sentir esa felicidade da que algúns privilexiados nos falaron.
E mentras esperamos non nos decatamos que o único que se nos pasa é a VIDA.
Non somos capaces de apreciar os bos intres,a grata compaña dun amigo,a sorte de ter unha familia que sempre te arroupa,o privilexio dese compañeiro que incondicionalmente mantén quente o teu recuncho na cama,esa xente que necesita do teu sorriso para completar a súa ledicia...é que o temos todo e continuamos cegos.
Xamais degustamos o sabor dos intres e cando desexamos catalos xa trocaron en lembranzas.

Así que amarra este consello:
Fai o que che pete,o que desexes facer,o que sintas que é necesario antes de que se converta no que che gustaría haber feito.
Un arrepentimento por un erro sempre é máis gratificante ca preguntarse toda a vida que houbera pasado.
Non consintas que a túa vida sexa un bosquexo xa que posiblemente non terás tempo de pasalo a limpo.
Abre grandes os ollos,que choren co folgo do sol.
Ispe a túa pel,que se encrespe cos aloumiños do vento.
Destápate,que a choiva te molle ata calar os teus ósos.
Bica coa túa alma,que o sabor do querer te deixe sen alento.
Corre coma un demo,que o teu corazón se revolucione e embriague de endorfinas.
Inhala profundo,que se enchan os teus pulmóns dese arrecendo da terra mollada,da salitre do mar,da vida que transporta o vento.
Goza de cada pequena cousa que se che poña diante,nunca esquezas que son dous días.
E como sempre me recorda meu avó... "Meniña,que cedo se me fixo tarde"
  
Alvaro,que che vaia mellor donde queira que estés.

viernes, 2 de septiembre de 2011

SOLTANDO LASTRE

Non me gusta a xente que me rouba a confianza sin lla ofrecer.
Non me gusta quedar cos soños sin tentar cumprir.
Esperar unha chamada,unha resposta,unha boa noticia...e que tarde!!!
Nin que xoguen as agachadas sin saber con quen estou xogando.
Despertarme dun pesadelo chorando.
Que me engadan o que non fixen.
Respirar o aire que xa está usado.
Aborrezo madrugar cando escuito a choiva bater.
Non me gusta que me insistan cando teño o día de "non quero".
Non me gusta que me resten no aprecio.
No teléfono "perdone no le he entendido",síntome parva falando cunha máquina.
Que me fuchiquen no embigo.(T.R)
Morrer de sede e que a botella esté fóra da neveira.
O cura cando nunha voda sermonea falando de amor.
Deitarme cedo,sinto como si perdera tempo de vida.
Nas comidas familiares que ningún home se moleste en votar unha man
Despóis da ducha,os gallumbos no chan e os pelos arriquichados por todas partes.
Que me coman a ourella.
Nos concertos,que se me poñan diante os máis altos ca min.
Pensar que uns morren de fame por non ter un anaco de pan e outros despilfarran en armamento.
Que me pidan explicacións do que fago ou deixo de facer.
Todo o que se relacione cunha gaivota.
Que insistan en que a matanza anual de focas "é humanitaria,sostible e que está monitorada dende preto" cando tan so é con fins comerciais.
As que visten con pel de "zorra".
Os que no nome do progreso destrúen a natureza.(I.I.V.)
Os fachas que presumen de liberales.
Que os protagonistas das pelis morran.
A xente que pensa que desbastarse nas noites de pasote é algo heróico.(M.J.)
Os que acuden os domingos a iglesia e os luns son peor que Satanás.
A humillación dos toros e de calquer outro animal.
As guerras entre grandes potencias e pobres miserables,entre xente que se ama,por motivos relixiosos,avaricia,egoísmo e ningunha empatía.
Os que non saben apreciar o rica e fermosa que é a nosa cultura tradicional e a desprecian.
Todo aquel que non se sinte afortunado de ter unha boa vida por que moitas persoas viven ou mais ben sobreviven bastante peor ca nos.

Seguro que aínda me quedan atrás moitas máis cousas que me aborrecen,que non me gustan e que preferiría que nunca existiran máis arriando este lastre xa me sinto algo máis lixeira.