martes, 31 de mayo de 2011

Tempo pequeno

"Carpe diem quam minimun credula postero"
"Amarra este día,xamais confíes no posterior"

Aproveita o día e non confíes no mañán.

Non deixo correr o tempo co que se me agasallou,non quero malgastalo.Coma coas fichas dos coches de choque.Liaba os meus curmáns para que me subiran con eles por que non quería que se me esgotaran as miñas.Quería ter un manantial entre as mans e que nunca secara.
Tento saborear os praceres da vida,deixando nun parénteses o porvir,xa que non é máis ca incerto.
Non se trata de irresponsabilidade.E so a actitude de vivir intensamente cada intre,de afrontar as cousas con optimismo e ledicia,de levar a bo fin os soños e os desexos máis profundos agochados nos meus adentros.

"mentres falamos fuxe o tempo envidioso,
vive o día de hoxe,captúrao
non te fíes do incerto mañan"
HORACLO

Nestes tempos de reflexión,recollemento e repouso sinto que o estou perdendo,que se me vai escorrendo,que non lle quito rendemento.
Onte apaguei vinte,hoxe trinta,mañán cuarenta e cando volva a abrir os ollos serán cincuenta.
Cando sopraba menos de quince,o meu desexo era ter desexos infinitos.Agora cando me lembro,pido saúde e tempo para gozar cos meus.
Amodiño!!!!imos a apousentar...que non teño gañas de facer este sprint.
Sei que non se pode parar,pero si vivo cada milésima de cada segundo ben espremida ¿pode ser que se relente este intanxible paso do tempo?
Busco ese algo que lle poña a zancanilla.
Os nenos e os inmaduros tan só coñecen "ou todo ou nada",o adulto sabe que o único real é sempre algo.
Este algo pode cambialo todo e facer que sexa máis duradeiro.
"Algo" pode ser...
Evitar unha inxustiza e así haberá algo máis de xustiza no mundo.
Medrando coma persoa daraslle máis humanidade o mundo.
Si vives libremente,teremos máis libertade.
Se agasallas con sorrisos,minguarás a tristeza.
Si espero a trocar cando o mundo troque,morrerei sin ter vivido.Así que mellor comezarei por is trocando eu e alúmenos farei o amago de intentar cambialo para que nos dure.
Aproveitarei o día,borrarei a palabra "desalento".
Non pasará nin un so día no que me deite coa sensación de haber crecido un pouco,de sentirme máis feliz e sabendo que empachei os meus soños e xa estou algo máis completa.

a maioría das persoas son tan felices coma desexan selo,isto non depende de ninguén máis ca dun mesmo.
Pódese e débese exteriorizar pero a búsqueda atópase no interior de cada un.
"non existe ecuación nin fórmula xenial que nos faga saber o que asoma detrás" (Vetusta Morla)
así que tentarei evitar a Morfeo durante máis tempo para facer boas migas con Cronos,creo que así poderei acoutar o meu "tempus fuguis"   ;-P

No hay comentarios:

Publicar un comentario