domingo, 19 de febrero de 2012

Máis cunha muller

Cando o sol de tanto camiñar pola túa pel troque coa súa branca luz os teus cabelos...
Cando de tanto darte a terra hacia ela se incline o teu corpo...
Cando ergas a túa vista na mañán e saibas mirar as estrelas no ceo...
Cando aprendas da vida a saber disfrutar do momento...
Cando sintas na túa alma a alma inmensa dun meniño...
Cando pasen moitos soños e ningún te faga o seu escravo...
Cando a túa pel se replegue para poder gardar os teus recordos....
Cando tí misma sexas a túa amiga e te comprendas...
Cando te decates de que a vida é un combate e saibas aceptalo...
Cando teñas máis amor do que che deron e pródiga o repartas...
Cando saibas esquecer rencores por que penses que a nada conleva...
Cando atopes o día mil razóns polas que continuar vivindo...
Cando por fin te des conta de que a vida é un oprtunidade e saibas aproveitala....
Cando consigas encher o minuto incerto e inolvidablede 60 segundos que te guíen o ceo...
Entón e só entón serás máis cunha muller...serás "anciá"

martes, 6 de septiembre de 2011

ALONGAR

Poño todo o meu empeño en comprender e non é doado.¿Por que minguar o camiño antes de tempo?¿E un covarde ou todo un valente aquel que decide rematar coa súa viaxe?¿Tan afundido te podes atopar como para non ter forzas para seguir vivindo?
Todos os problemas,as tristezas,os vicios e as cousas non tan boas que nos poden acompañar,sempre teñen a súa solución.
A morte non o é.E o único que non ten saída.E a fin do percorrido e non te volta atrás.
Troca todo si fai falla,renderse non é o camiño máis axeitado.
Nunca te sintas rematado,debes rexurdir cal ave Fénix!!!!
Pasamos a vida agardando que aconteza algo extraordinario.Algo que nos faga vivir mellor,ser máis grandes,posuír o que sempre cobizamos,esperando chegar a sentir esa felicidade da que algúns privilexiados nos falaron.
E mentras esperamos non nos decatamos que o único que se nos pasa é a VIDA.
Non somos capaces de apreciar os bos intres,a grata compaña dun amigo,a sorte de ter unha familia que sempre te arroupa,o privilexio dese compañeiro que incondicionalmente mantén quente o teu recuncho na cama,esa xente que necesita do teu sorriso para completar a súa ledicia...é que o temos todo e continuamos cegos.
Xamais degustamos o sabor dos intres e cando desexamos catalos xa trocaron en lembranzas.

Así que amarra este consello:
Fai o que che pete,o que desexes facer,o que sintas que é necesario antes de que se converta no que che gustaría haber feito.
Un arrepentimento por un erro sempre é máis gratificante ca preguntarse toda a vida que houbera pasado.
Non consintas que a túa vida sexa un bosquexo xa que posiblemente non terás tempo de pasalo a limpo.
Abre grandes os ollos,que choren co folgo do sol.
Ispe a túa pel,que se encrespe cos aloumiños do vento.
Destápate,que a choiva te molle ata calar os teus ósos.
Bica coa túa alma,que o sabor do querer te deixe sen alento.
Corre coma un demo,que o teu corazón se revolucione e embriague de endorfinas.
Inhala profundo,que se enchan os teus pulmóns dese arrecendo da terra mollada,da salitre do mar,da vida que transporta o vento.
Goza de cada pequena cousa que se che poña diante,nunca esquezas que son dous días.
E como sempre me recorda meu avó... "Meniña,que cedo se me fixo tarde"
  
Alvaro,que che vaia mellor donde queira que estés.

viernes, 2 de septiembre de 2011

SOLTANDO LASTRE

Non me gusta a xente que me rouba a confianza sin lla ofrecer.
Non me gusta quedar cos soños sin tentar cumprir.
Esperar unha chamada,unha resposta,unha boa noticia...e que tarde!!!
Nin que xoguen as agachadas sin saber con quen estou xogando.
Despertarme dun pesadelo chorando.
Que me engadan o que non fixen.
Respirar o aire que xa está usado.
Aborrezo madrugar cando escuito a choiva bater.
Non me gusta que me insistan cando teño o día de "non quero".
Non me gusta que me resten no aprecio.
No teléfono "perdone no le he entendido",síntome parva falando cunha máquina.
Que me fuchiquen no embigo.(T.R)
Morrer de sede e que a botella esté fóra da neveira.
O cura cando nunha voda sermonea falando de amor.
Deitarme cedo,sinto como si perdera tempo de vida.
Nas comidas familiares que ningún home se moleste en votar unha man
Despóis da ducha,os gallumbos no chan e os pelos arriquichados por todas partes.
Que me coman a ourella.
Nos concertos,que se me poñan diante os máis altos ca min.
Pensar que uns morren de fame por non ter un anaco de pan e outros despilfarran en armamento.
Que me pidan explicacións do que fago ou deixo de facer.
Todo o que se relacione cunha gaivota.
Que insistan en que a matanza anual de focas "é humanitaria,sostible e que está monitorada dende preto" cando tan so é con fins comerciais.
As que visten con pel de "zorra".
Os que no nome do progreso destrúen a natureza.(I.I.V.)
Os fachas que presumen de liberales.
Que os protagonistas das pelis morran.
A xente que pensa que desbastarse nas noites de pasote é algo heróico.(M.J.)
Os que acuden os domingos a iglesia e os luns son peor que Satanás.
A humillación dos toros e de calquer outro animal.
As guerras entre grandes potencias e pobres miserables,entre xente que se ama,por motivos relixiosos,avaricia,egoísmo e ningunha empatía.
Os que non saben apreciar o rica e fermosa que é a nosa cultura tradicional e a desprecian.
Todo aquel que non se sinte afortunado de ter unha boa vida por que moitas persoas viven ou mais ben sobreviven bastante peor ca nos.

Seguro que aínda me quedan atrás moitas máis cousas que me aborrecen,que non me gustan e que preferiría que nunca existiran máis arriando este lastre xa me sinto algo máis lixeira.





viernes, 29 de julio de 2011

Tropezáronse cando tan só eran uns cativos.
Caira alí por casualidade, vira de vacacións cuns amigos que tiñan en común.
Estiberon percorrendo uns días esta terra tan contraria a súa, coas rapaciñas que lles fixeron de boa gana de guías.
Polo día facían kilómetros buscando os recunchos máxicos do verde litoral... polas noites compartían troulas, xogos, contos e mil sorrisos.
Chegou o día de liscar e mentres lles botaban unha foto para non esquencer, sen que se decataran meteulle un papeliño na man.
Entre tristes sorrisos e apertas consoladoras comezaron o camiño de volta a casa.
Os olliños dela quedaron enchoupados porque sentía que non o voltaría a mirar.
El pasou toda a viaxe mirando aquela folla, tiña a súas señas, e arrepentiuse por cada segundo que non fora máis valente. Tívera medo o rexeitamento, ela pasaba os días dándolle cabazas sen unha triste mostra de que desexaba que a rondara.
Pasaron moitos anos escribíndose mil verbas, cartas longas enchidas de cariño, penas, ledicias, preocupacións, amores, desenganos, erros... compartían todos os seus pensamentos, crecendo xuntos, os segredos non existían entre eles.
Cando se decataron xa pasaron doce anos e chegou o tempo das novas comunicacións. Os seus folios trocaron por emails, e así pasaron uns anos máis, agás nos cumpre anos que non rompían coa tradición de agasallarse cun manuscrito.
Cada un polo seu lado tratara de buscar a súa ledicia pero sempre inutilmente, ninguén era tan alentador como eles mesmos.
Estar pensando a miúdo o un no outro tampouco é que fora de gran axuda.
Un día sentiron a necesidade de volver a atoparse e despois de moito tolear e dubidar, quedaron a medio camiño.
Non estaban certos de que fora a mellor, mais tiñan que intentalo.
Fixeron as maletas como lóstregos para atoparse canto antes.
A medida que ía descendendo entre as nubes, aquel corazón latexaba máis apurado.
Él esperaba na zona de chegadas, desesperado porque viña con media hora de retardo. Ela rumiaba na mente que despois de tantos anos aquel ansiado momento estábase facendo de rogar.
Cruzou a porta e tapáronse as súas miradas, correron un cara o outro, mesmamente coma unha peli das máis románticas e os corpos fusionáronse nunha alentadora aperta.
Despois de tan larga separación volta ron a compartir durante unha semana mil preguntas, mil recordos e por suposto mil plans de futuro que nunca chegarían a bo porto. Pertencer a diferentes lugares do mundo nunca e unha boa opción para as persoas que morren pola súa terra.
Pero tanto lles tivo, a espiña xa quedaba arrincada, xa non había arrepentimento de... e si houbera feito aquilo... ou como sería si... NON! alí non existía paisón, nin amor, nin tan sequera un mínimo desexo. Sempre compartirán algo moito máis grande , algo o que moi adecuadamente se lle soe chamar tesouro. O diamante máis brutal e valioso... o dunha infinita amizade.
Despois daquelas inolvidables días de filosofadas que durante 24 horas, os seus resquemores esvaeceron, ficaron en paz e sosegados.
Agora nuns meses ela voltará onde él, voará de novo para miralo, para ollar outra vez enchida de bágoas como troca aneles coa súa futura esposa, desexándolle a ledicia máis grande do mundo.